Castiñeira: “Esperamos que os socialistas, encabezados por Tomé, apoien a nosa moción contra a supresión do delito de sedición”

O PP tamén pretende que a Deputación inste ao Goberno central a non rebaixar as penas polo delito de malversación

Concellos e deputacións, como institucións máis próximas aos cidadáns, son as que mellor coñecen o sentir dos cidadáns. Así o sinala o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que anuncia a presentación dunha moción para que a corporación provincial inste ao Goberno de Pedro Sánchez a renunciar a suprimir o delito de sedición e a rebaixar as penas polo de malversación.

Castiñeira sinala: “A Administración local, é dicir os concellos e as deputacións, é unha administración importante dentro da estrutura do Estado, pola proximidade, por coñecer cales son as inquedanzas dos nosos veciños. Por iso o grupo provincial do Partido Popular leva ao pleno da Deputación de Lugo unha moción instando ao Goberno de España a que non elimine do Código Penal o delito de sedición nin rebaixe o de malversación, porque obedece única e exclusivamente a intereses políticos, non só dun partido senón de correntes políticas dentro deses partidos, tanto o sanchismo como o independentismo”.

Os populares din: “Como coñecemos ben o que queren os veciños da nosa provincia, que sempre demostraron crer na estrutura do Estado, sabemos que están en contra destes acordos partidistas e por iso levamos unha moción ao pleno. É un sentimento dos nosos veciños e unha obriga de todos os deputados que representamos a eses veciños”. Engaden: “Entendemos que todos, tamén os socialistas e os nacionalistas lucenses, encabezados polo presidente, José Tomé, que ademais é o secretario xeral dos socialistas lucenses, debemos postularnos en contra das intencións do Goberno do Estado, porque van en contra dos desexos da gran maioría dos españois”. Castiñeira espera “que haxa unanimidade no voto e que o goberno do Estado se bote atrás nesa iniciativa de reducir os delitos e as penas de malversación e eliminar o de sedición, que poden traer cousas moi negativas nun futuro próximo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.