CCOO gaña a UGT nas elecións sindicais no grupo ALUDEC

Despois da recente celebración das eleccións sindicais en ALUDEC S.A., CC.OO. convirtese no sindicato maioritario no conxunto dos 5 centros de traballo do GRUPO ALUDEC, que ten un plantel de mais de 550 traballadores/as, ademais numeroso persoal contratado por E.T.T., que non pudo participar nos procesos electorais.

O  Grupo Aludec é o mais importante do Sector  auxiliar do Automóvil na comarca de Pontevedra. Nas eleccions celebradas en Aludec S.A, para a elección dun Comité de Empresa de 9 membros, e cun plantel de 126 traballadores/as, o Comité anterior estaba formado exclusivamente por 9 membros de UGT.

Neste proceso electoral concurrimos CC.OO. e UGT, presentando candidatura nos dous colexios electorais, no que CC.OO. conseguimos 4 representantes  e UGT 3, polo colexio de Técnicos e Admnistrativos , e CC.OO. 2 polo colexio de Especialistas, sumando un total de: 6 representantes CC.OO. e 3 UGT.

Con anterioridade ás eleccions en ALUDEC S.A. xa se celebraran as eleccions sindicais nos outros 4 centros de traballo ubicados no Polígono de O Campiño,  que sumados a Aludec S.A. dan os  seguintes resultados globais no grupo empresarial, sobor dun total de 33 representantes elexidos: CC.OO. 15 delegados/as, UGT 10. CIG 7 e USO 1.

Con estos resultados electorais os/as traballadores/as do  Grupo Aludec decidiron ofrecerse a súa confianza amplamente maioritaria a CC.OO., que por primeira vez é o sindicato mais votado no Grupo, e que, polo tanto, asumirá un papel determinante na negociación do próximo Convenio Colectivo do grupo empresarial.

Foto Páxinas Galegas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *