Charla sobre emigración e presentación da novela de Afonso Eiré, ‘Ausentes’, no casino de Carballo

Será o venres 25 de novembro, ás 20h, no casino de Carballo

O escritor e xornalista Afonso Eiré presenta este venres, 25 de novembro, ás 20h, no Casino de Carballo, a súa última novela, Ausentes (Hércules de Ediciones, 2022), nunha charla sobre a emigración organizada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns.

No libro, o escritor e xornalista recolle as vivencias dos que, ao longo da nosa historia, marcharon aos distintos países de América, de Europa ou outras comunidades do Estado, pero tamén dos que quedan, xa que “todos sofren de ausencia”. Así, trátase dun o retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas.

Concibido como unha historia global da emigración, o que fora director da Nosa Terra tece o relato a partir das vidas dos convidados a unha voda na que todos os asistentes, de forma directa ou indirecta, viviran as consecuencias deste fenómeno.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.