Comezou a tempada de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo

O Tenente Alcalde, acompañado de concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía, participaron no acendido das luces

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou o inicio da campaña de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, co acendido das luces de Nadal de ambas instalacións. Cristina López afirmou que «co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas».

O acto contou coa animación musical da agrupación Claustromusical e cunha degustación de productos dos distintos postos da Praza.

A Praza e o Mercado contan en total con 57 elementos decorativos, 12 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha árbore central de 5 metros de altura. En total, o alumeado conta con 107.600 leds repartidos entre ambas instalacións.

Ao alumeado xa instalado no interior da Praza, sumarase o alumeado ornamental da cidade, que na contorna da Praza e do Mercado contará con 8 arcos (5 en Quiroga Ballesteros e 3 en Santo Domingo) e unha figura en 3D na contorna da Praza, cun mínimo de 2.600 puntos de luz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.