Comunicado da Deputación de Lugo en relación coa Torre Caldaloba

En relación coa información distribuída pola Xunta de Galicia aos medios sobre a Torre de Caldaloba, a Vicepresidencia da Deputación manifesta que:
-non ten por agora constancia de que a Xunta de Galicia comunicare polo vía administrativa o exercicio do dereito de retracto sobre a parcela na que se ubica a Torre de Caldaloba.
-mantén firme o seu compromiso de incorporar a Torre de Caldaloba e a súa contorna ao patrimonio público para garantir a súa protección, recuperación e posta en valor.
-lembra que a Xunta de Goberno provincial aprobou o 29 de xullo a adquisición desta parcela, que se elevou a documento público o pasado 21 de outubro, dando por primeira vez en trinta anos un paso adiante na recuperación deste BIC para os galegos e galegas.