CUAC FM e a UDC organizan o “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios”

O congreso reunirá a unha centea de comunicadores, investigadores, profesores e activistas do Terceiro Sector

CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, en colaboración coa Universidade da Coruña, convidan á cidadanía da Coruña e da súa bisbarra a participar no “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” busca xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa.

Entre o programa do congreso destacan as conferencias de JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía; das profesoras da UDC MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; de SALLY GALIANA, directora da radio comunitaria dublinesa Near FM; da directora do proxecto  Teleduca. Educació i Comunicació, CARME MAYUGO, de Barcelona; e dos activistas SOFÍA PRÓSPER & SANTIAGO SAAVEDRA, creadores de TRAKULA Project: Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet.

O congreso reunirá a máis de 30 ponentes que representan ao sector dos medios comunitarios españois e internacionais, ONGs e entidades de solidariedade coma PADRE RUBIMOS ou ECOS DO SUR, e proxectos de educomunicación coma PONTE NAS ONDAS, PROXECTO NEO, A FUME DE CAROZO, ou dos recentemente gañadores dun Premio ONDAS, a emisora malagueña Onda Color.

  • Celebración do congreso: 24, 25 e 26 de novembro de 2022
  • Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña.
  • Inscripción
  • Rexistro obrigatorio na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/
  • Emitirase un Certificado de Participación no congreso a todas as personas que cumpran os requisitos de asistencia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.