Dani Vega: “A Xunta de Galicia vai a cumprir cun orzamento importante e así garantir a reforma do hospital asilo”

O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, destaca que “a Xunta de Galicia vai a cumprir cun orzamento importante para garantir a reforma integral do hospital asilo de Ribadeo”. Estas palabras son un compromiso claro que grupo popular tenpara reformar o hospital asilo, asunto que “xa era hora, nótase o nerviosismo no BNG, levan tres anos para facer este proxecto”.
O Grupo Municipal popular leva tempo reclamando que o goberno nacionalista pida as axudas que ten a Xunta de Galicia en materia de construción e que a propia Fegamp -presidida por un alcalde do PSOE- informou da existencia desta subvención. Por iso, os populares non entenden a actitude do BNG de pedir en cartas solucións para esta cuestión. Precisamente, “en maio foi enviada unha carta ao goberno do BNG para informar das axudas e non contestaron. Nós non queremos entrar nesta guerra de cartas”, explica Dani Vega. Ademáis o voceiro engade que “nos actuamos por vocación, non por obligación. O BNG non nos dicta o que temos que facer, iso xa o sabemos nós e por iso preferimos traballar en silencio e con lealdade a Ribadeo ante unha falta de xestión clara.”
“Temos unha herdanza que debemos agradecer ao filántropo Doutor Moreda. Son case 730.000 euros que deixou para a reforma do asilo e o cal o BNG non quería explicar. Polo tanto, é entre a Xunta de Galicia e o Doutor Moreda que van a garantir a reforma do hospital asilo e esperamos que o Concello aporte tamén algo, porque a reformar deféndese con feitos non con simples palabras”, di.
Neste asunto, os populares pregúntanse por qué o BNG non constitué unha comisión de traballo que reúna a todos os axentes implicados para traballar conxuntamente como corporación. A corporación municipal, os técnicos de urbanismo, os técnicos e a propia Xunta son quen teñen que formar parte desta mesa de traballo para, de forma consensuada, ofrecer unha solución o máis rápido posible.

REUBICACIÓN TEMPORAL DOS RESIDENTES DO ASILO
O voceiro do Grupo Municipal explica que o seguinte paso “é facer unha reunión”. A Xunta de Galicia convocará nos vindeiros á corporación municipal para así comezar a traballar conxuntamente. “Esperemos que se constitúa esa comisión, xa que é importante un diálago entre as dúas administracións e non unha confrontación permanente”, resalta Dani Vega
Dani Vega explica que o máis importante é “explicar e tranquilizar ás familias de que a reubicación temporal dos seus familiares será en Ribadeo ou dentro da propia comarca de A Mariña, que non teñan medo. Nós vamos a traballar con responsabilidade, pensando nas persoas e cumprindo cos veciños”:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.