Dani Vega: “Estamos de acordo na creación dunha comisión técnica de traballo para a reforma do asilo, pero creemos que é importante que participen todos os axentes implicados”

O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, fixo unha valoración dos asuntos que se trataron no pleno ordinario de Ribadeo celebrado o pasado mércores, onde se falaron sobre cuestións de vital transcendencia para a vila como é o caso da reforma do hospital-asilo, a renovación do patronato de Pedro Murias e a homenaxe a Víctor Moro Rodríguez, gran defensor de ribadeo e os seus intereses, divulgador e defensor do sector pesqueiro, entre outras.
O primeiro dos temas a tratar foi a creación, por unanimidade, dunha Comisión Técnica de traballo para a reforma do hospital asilo. “Nós estamos de acordo nesta decisión, pero botamos en falta unha comisión na que teña cabida toda a corporación, é dicir, na que participen todos os portavoces dos grupos políticos. Creo que é positivo escoitar as distintas propostas e aportacións, e darlle cabida tamén á Xunta de Galicia, pois si pretenden buscar financiación nas administracións, a teñen que facer partícipe nesta Comisión”, di Dani Vega.
A reubicación das persoas afectadas por esta reforma do hospital-asilo foi outros dos puntos a comentar, no que o voceiro deixou constancia da súa postura: “Todos temos que traballar en conxunto para buscar solucións a estas persoas, buscando ubicacións en Ribadeo, e senón pode ser, que sexa preto da vila ou na propia comarca de A Mariña”.
Por outra banda, a renovación do patronato do CFEA Pedro Murias foi outro dos asuntos a debater. Os populares quedaron “abraiados” ante a proposta do BNG de reglar formación para o centro. “Nós xa lles explicamos que hai ciclos formativos neste momento, hai un FP dual de formación forestal onde hai alumnos que rematan os estudos e teñen contratos de traballo, tamén formación no reglada para gandeiros e agricultores e actividades para os centros educativos. Queda claro que o BNG descoñece a realidades e as actividades que acontece no centro”, explica o voceiro popular.
“Sorpréndenos tamén a falta de respecto que teñen pois calificar de “cuchipandas” á asociación de mulleres ruraisl que veñen a formarse a Pedro Murias non ten sentido” afirma Dani Vega.

Homenaxe a Víctor Moro Rodríguez
“De ben nacido é ser agradecido”, con este refrán explica Vega o valor que ten a homenaxe a Víctor Moro Rodríguez, unha gran persoa e un defensor claro dos intereses do sector pesqueiro que traballou moito polo topónimo da Ría de Ribadeo. Por iso, “consideramos que hai que dedicarlle un espazo público”. Neste caso, o peirao de Porcillán pasará a charmarse peirao Porcillán-Víctor Moro Rodríguez.

Rogos e preguntas
Ao finalizar o pleno, no apartado de rogos e preguntas, o grupo municipal popular realizou unha serie de preguntas ao goberno do BNG en relación a cuestións de actualidade que están afectando a Ribadeo e aos seus veciños. É o caso do problema dos roedores e os graffitis. No primeiro, a contestación non concreta absolutamente nada, e no segundo tiran balóns fora.
“Cando tratamos estes temas, a resposta por parte do BNG foi con moita delicadeza, pero sin dicir nada. Déronnos a entender que si hai graffitis nas fachadas, que cada un pinte a súa facha e se os espazos públicos están a ser danados continuamente, pois non é o seu problema” di Dani Vega. Neste sentido, desde o grupo popular levan moito tempo pedindo a colocación de cámaras cumprindo coa normativa vixente, nos edificios públicos como e o caso do auditorio, para resolver este problema que veñen demando hai tempo os veciños
Promesas electorais baleiras e sen solucións reais, como é o caso do acceso á praia do Cargadero. Segundo o BNG, están esperando a que Costas diga cál é o orzamento e cáles son os estudos técnicos que hai que facer, dando a entender que vai a ser difícil facelo antes de o verán. “A realidade é moi distinta, todos puidemos ler que hai un orzamento por parte de Costas e os estudos técnicos están feitos. Por iso, creemos que é unha resposta para quedar ben e trasladar promesas electorais a través de notas de prensa en vez de buscar solucións reais”, apunta Dani Vega.
En outros aspectos, tratáronse a problemática dos parques biosaudables en Ribadeo. “Como están todos mal e non teñen un mantemento propio, a solución que teñen é arrancalos. Así solucionan os problemas. O que teñen que facer é arranxar os danos”. Por outra banda, na cuestión da lancha de protección civil abandonada desde hai meses nun taller, o BNG pon de escusa que están esperando por un informe técnico da Xunta. “Están faltando á verdade. Non hai ningún problema, o único que hai que facer é arranxala e traballar co voluntario de protección civil que se lle está dando a espalda continuamente.” afirma o voceiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.