Daniel Vega destaca o investimento de 15.000 euros por parte da Xunta para acondicionar o acceso e o entorno do cemiterio de Santalla

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca “o importante investimento da Xunta para recuperar o patrimonio de todos” tras participar no acto de sinatura dun convenio de colaboración entre a asociación de veciños de Santalla e a Xunta de Galicia que aportará 15.000 euros para mellorar o acceso e o entorno do cemiterio desta parroquia ribadense e “cumprir cunha reivindicación de fai tempo dos veciños a outras administracións”.
Vega explica que as actuacións previstas consisten na limpeza e acondicionamento do camiño, a construción dun muro de contención no cemiterio, a instalación de tuberías para drenar a auga e dunha varanda de madeira.
O popular agradece “a visita do delegado da Xunta a Ribadeo para explicar e firmar o convenio coa entidade que solicitou esta inversión”.