‘Darse un tempo coa parella’, tema central este mércores de ‘Non lle chames amor’

Nesta nova entrega, Graña viaxará ata Santiago de Compostela na procura de viaxeiros dispostos a contar as súas experiencias e anécdotas sexuais máis interesantes

Este mércores chega ao prime time de Televisión de Galicia unha nova entrega de Non lle chames amor na que a psicóloga e sexóloga Raquel Graña viaxa ata Santiago de Compostela para falar, entre outros temas, da efectividade real de ‘darse un tempo’ en parella . Trátase dun novo formato talk show producido por Nortideas, SL para Televisión de Galicia que percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús. Como se verán a sí mesmos en relación ao sexo os composteláns? Que opinan sobre a efectividade de ‘darse un tempo’ en parella? Realmente funciona?

Para iso, a limusina de ‘Non lle chames amor’ pon rumbo a Santiago de Compostela para visitar a Toño, que coñeceu unha moza nas redes, pero que parece que non sabía moio ben onde se metía. Con el abordaremos os perigos das relación a través de internet.

Tamén coñeceremos a historia de Rocío e Adrián, un amor de frechazo capaz de cruzar todas as barreiras e que comezou en Down Compostela.

Xa por último, adentrarémonos no mundo da olfactofilia da man do popular Octavio Villazala.

‘Non lle chames amor’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirve para escoitar a realidade do sexo. Cada programa conta cun tema principal e tres convidados que subirán á limusina para contar as súas vivencias amorosas e sexuais.

“Conversarase sobre emocións, sentimentos e sexo. Son conversas interxeracionais que rachan cos estereotipos da idade; de persoas que falan de amor e de sexo con liberdade, cada un desde a súa perspectiva dunha época ou dun lugar. Tivemos uns convidados de luxo. O programa é o que é grazas a eles que foron capaces de contar as súas intimadades ao redor do sexo”, sinala Raquel Graña, psicóloga e sexóloga que se inicia neste programa como presentadora e que xa conta con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, ‘Íntimas Conexiones’.

“Queremos tender pontes emocionais  cos espectadores a través da narración de  anécdotas e experiencias que marcaran a vida das  persoas.” –asegura Raquel Graña- “Desde a súa educación sexual, ás súas  mellores e peores experiencias, as cousas que  tiveron que facer para ter sexo ou a relación familiar  en torno á sexualidade, por exemplo. Ademáis haberá moitas preguntas nas rúas do lugar onde nos atopemos para coñecer canto sabemos en realidade os galegos e as galegas sobre sexo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.