Derbi galego da Liga EBA en Carballo

Este sábado ás 17h disputarase a oitava xornada da Liga EBA, nesta ocasión o Calvo Basket Xiria recibirá ao Santo Domingo de Betanzos no Pavillón Vila de Noia, nun encontro moi igualado entre dous equipos parellos

Xornada interesante a que se vivirá en Carballo este sábado 26 ás 17h. no Pavillón Vila de Noia, entre o equipo local: Calvo Basket Xiria e o Santo Domingo de Betanzos. Os motivos son varios, xa que son equipos parellos entre sí, con xoves adestradores o fronte e que se coñecen moi ben. Ademais logo de castro vitorias consecutivas, está por ver si os carballeses seguen a súa racha efectiva e por outra banda o equipo de Betanzos retoma á senda da vitoria e se afasta das posicións mas baixas… polo que alicientes non lle faltan a este partido, e seguro que será un bo espectáculo.

O Santo Domingo acaba de incorporar a un novo pivote americano con experiencia el LEB Prata e que xa debutou a semana pasada (8 ptos., 7 reb., en 27 min), que en conxunto co ex-xiria Marcos Rozas, fan unha dupla de ”grandes” con músculo e poder de anotación a ter en conta, que sumado ó base Jorge Abelleira (media de 15 ptos) e os seus experimentados xogadores exteriores Guillermo Pereiro e Daniel Martin, fan un equipo a ter moi en conta neste partido e na tempada. Unha vez máis os carballeses necesitarán estar ó 100% de concentración dende o pitido inicial, apretando en defensa e facendo o seu xogo en ataque para deixar outra vitoria en Carballo.

Pola parte do Calvo Basket Xiria, o seu adestrador Héctor Méndez estivo recuperando xogadores, que logo do partido e esforzo en Ávila, necesitaron coidados médicos e baixar un pouco o ritmo de adestramentos da semana. Pero que pasada o ecuador da mesma e cun pouco máis de descanso, atoparanse en condicións óptimas para competir neste #DerbiGalego da Liga EBA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.