Difícil visita do Calvo Basket Xira a Chantada na quinta xornada da Liga EBA

Segundo encontro entre nesta tempada 22/23 (tendo en conta a final da Copa Galicia), o que vivirán o CB Chantada e o Calvo Basket Xiria, se ven os carballeses estan máis rodados, pero sabedores do potencial que teñen os chantadinos e máis na súa propia cancha
Difícil o desprazamento do CALVO BASKET XIRIA na Liga EBA esta fin de semana, que corresponde xogar contra un dos equipos máis “duros”, o UCOGA CB CHANTADA no Pavillón Municipal da súa Vila, que ademáis é líder (xunto a Cultural Leonesa) ata o de agora.
É un equipo moi competitivo e que leva anos cun núcleo dos mesmos xogadores, pero os carballeses intentarán elevar o seu nivel de xogo e poñerlle ao rival o partido difícil. Para iso terán que dar o mellor de si na pista durante os corenta minutos do encontro e cumplir ó 100% o plan de partido que Héctor Méndez levou a cabo nesta semana.
Esta semana a falta de coñecer si se conta con toda a plantilla, o equipo mantivo un alto ritmo de adestramentos e concentración que lles servirá para estar no partido e pelexar nunha difícil pista, ante un dos equipos máis veteranos (en anos de permanencia) na Liga. Os nosos xogadores intentarán unha vez máis loitar e chegar oa final de partidos preto do rival, para intentar vencer e dar una nova sorpresa, coma xa fixeramos fai 15 días en Gijón.
O CB Chantada anota un media de 80 puntos e reciben tan só 60, mesma media que a que recibe o Calvo Basket Xiria. Teñen entre os seus xogadores destacas a Daniel F. Stefanuto e Carlos Noguerol, ámbos ex-xogadores de LEB OURO, ó MVP de Copa Galicia celebrada en Carballo, o pivot Cristian Iglesias e tamén a vellos coñecidos do noso equipo, como Alioune Senghor, ex-xogador do Calvo Xiria na tempada 19/20.
5ª Xornada – Liga EBA
⛹️♂️ UCOGA CB CHANTADA ENSINO
💚 CALVO BASKET XIRIA
📆 SABADO 5 Novembro | ⏰ 18:30h
📍 PAVILLÓN MUNICIPAL · CHANTADA