Dificultades sexuais, tema central este mércores en ‘Non lle chames amor’

Nesta nova entrega, Graña viaxará ata Mondoñedo na procura de viaxeiros dispostos a contar as súas experiencias e anécdotas sexuais máis interesantes

Este mércores chega ao prime time de Televisión de Galicia unha nova entrega de ‘Non lle chames amor’ na que a psicóloga e sexóloga Raquel Graña viaxa ata Mondoñedo para falar, entre outros temas, de dificultades sexuais. Trátase dun novo formato talk show producido por Nortideas, SL para Televisión de Galicia que percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús. Como se verán a si mesmos en relación ao sexo os mindonenses? Como ligarán?

Falamos de dificultades sexuais. Cales son as máis comúns? Quen son os que máis as sofren? Como as afrontan as diferentes persoas? Para iso, a limusina de ‘Non lle chames amor’ pon rumbo a Mondoñedo onde os nosos convidados dan unha visión moi interesante e persoal sobre o tema.

Coñecemos a Alberto, un coñecido zoqueiro, que ten un proxecto do máis novedoso no que mezcla o sexo coa súa profesión.

Atreveranse tamén coa limusina do programa Belén e Cielina, dúas amigas con moito ‘feeling’ que abordan os cambios hormonais e sexuais dun xeito natural e moi divertido.

E falaremos tamén con Abraham, un rapaz que asegura ter moita experiencia a nivel sexual e que vén disposto a falar de  sexo sen límites.

‘Non lle chames amor’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirve para escoitar a realidade do sexo. Cada programa conta cun tema principal e tres convidados que subirán á limusina para contar as súas vivencias amorosas e sexuais.

“Conversarase sobre emocións, sentimentos e sexo. Son conversas interxeracionais que rachan cos estereotipos da idade; de persoas que falan de amor e de sexo con liberdade, cada un desde a súa perspectiva dunha época ou dun lugar. Tivemos uns convidados de luxo. O programa é o que é grazas a eles que foron capaces de contar as súas intimadades ao redor do sexo”, sinala Raquel Graña, psicóloga e sexóloga que se inicia neste programa como presentadora e que xa conta con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, ‘Íntimas Conexiones’.

“Queremos tender pontes emocionais  cos espectadores a través da narración de  anécdotas e experiencias que marcaran a vida das  persoas.” –asegura Raquel Graña- “Desde a súa educación sexual, ás súas  mellores e peores experiencias, as cousas que  tiveron que facer para ter sexo ou a relación familiar  en torno á sexualidade, por exemplo. Ademáis haberá moitas preguntas nas rúas do lugar onde nos atopemos para coñecer canto sabemos en realidade os galegos e as galegas sobre sexo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.