Digi se convierte en patrocinador del RC Deportivo hasta la temporada 2024

DIGI, o operador de telecomunicacións da multinacional DIGI Communications, e o RC Deportivo asinaron un acordo polo que o operador se converte en Patrocinador Oficial do Club até a temporada 2023-24.

O RC Deportivo lucirá na parte traseira inferior da súa camiseta e no pantalón o logo do operador desde este domingo 27 de novembro no seu partido contra o CF Fuenlabrada.

A través deste acordo, DIGI quere apoiar tanto ao RC Deportivo como a todos os seus afeccionados, un Club co que comparte valores como o esforzo, a ilusión e o compromiso.

DIGI está moi presente na Coruña, cunha delegación e despregando a súa rede de fibra propia, Fibra SMART; e ofrece o servizo de fibra PRO-DIGI, con até 10 Gbps de velocidade, o máis rápido do país a nivel residencial.

Segundo o Conselleiro Delegado de DIGI España, Marius Varzaru: “É un orgullo apoiar a este Club tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de poder colaborar e co que estamos seguros de que conseguiremos moitos éxitos xuntos”.

Pola súa banda, o presidente do Club, Antonio Couceiro, mostrouse moi satisfeito por este acordo: “DIGI é unha compañía en continuo crecemento, que fai unha clara aposta pola zona, e coa que iremos da man para seguir logrando obxectivos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.