Esquerda Unida mostra o seu rexeitamento ao aumento das peaxes da AP-9 e insta o goberno central á nacionalización de Audasa

Eva Solla, coordinadora xeral de Esquerda Unida, denuncia que unha vez máis, serán as traballadores e traballadores quenes paguen do seu peto os beneficios de Audasa.

Así, para Solla, a subida de peaxes é unha desvergoña que ataca unha vez máis a unha clase traballadora, que ve unha vez máis como a súa capacidade económica vese minguada pola subida de prezos.

Unha subida de prezos destas características, continúa Solla, é consecuencia da privatización das infraestruturas do páis.

Sinala, que xa en 2018 Esquerda Unida reclamaba, #ante as múltiples voces que reclamaban o traspaso da AP-9 á administración galega, que o relevante neste caso era a nacionalización da infraestrutura.

Continúa a coordinadora de EU que si a nacionalización foi posible no caso das autoestradas madrileñas tamén o é neste caso e esixe desde Esquerda Unida ao goberno central, que camiñe nesta dirección.

Ademais diso, lembra Solla a necesidade de articular un transporte de proximidade ferroviario no noso país. Galicia segue sendo un dos poucos territorios do estado que non conta co seu servizo de tren de proximidade para o conxunto do territorio. E ese sería un elemento importante para articular e comunicar o país internamente. Así como fomentar o transporte de mercadorías ferroviarias para non depender unicamente do transporte pola AP-9.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.