EUROPE DIRECT A Coruña organiza o encontro en liña ‘Ventana a Europa’ para a mocidade interesada nas oportunidades laborais do Parlamento Europeo

Terá lugar o mércores 23 de novembro ás 13.30 horas e é precisa a inscrición previa

O centro EUROPE DIRECT A Coruña organiza un encontro en liña dirixido a mocidade que teña interese nas oportunidades laborais que ofrece o Parlamento Europeo. Ventana a Europa é unha conversa dixital na que afondar e coñecer de primeira man as diferentes opcións para desenvolver a actividade profesional nesta institución europea.

A conversa celebrarase o vindeiro mércores 23 de novembro ás 13.30 horas e é precisa a inscrición previa a través da páxina web de EUROPE DIRECT A Coruña.

A encargada de presentar as oportunidades laborais será Julia Borque, persoal do departamento de Relacións Institucionais da Oficina do Parlamento Europeo en España, que colabora nesta acción. Fará un repaso das opcións que ofrece a institución, tanto a nivel de formación, como é o caso dos períodos de prácticas e as visitas de estudos, como contractual. Así, os mozos e mozas que participen nesta sesión coñecerán de primeira man en que épocas poden solicitar prácticas e como facelo ou como é o proceso de selección para continuar a súa carreira laboral no Parlamento Europeo. Tamén poderán resolver as súas dúbidas na quenda de preguntas e respostas que pechará o encontro en liña.

A acción está dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos que forma parte do ClubUE de EUROPE DIRECT A Coruña. O ClubUE é un espazo virtual pensado para unir a xente nova con interese en coñecer, aprender e participar das oportunidades que existen dentro da Unión Europea.

EUROPE DIRECT A Coruña colabora na organización desde encontro cos centros da rede EUROPE DIRECT de Albacete, Asturias, Castellón, Maestrazgo e Cidade Real.

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Máis información dispoñible na web

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.