Gonzalo Caballero. «A medida estrela» da Xunta de «regalar» 35 millóns de euros aos ricos: «é indecente cando tres de cada catro familias non chegan a fin de mes»

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, criticou hoxe a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta, coa que o goberno galego vai modificar “pola porta de atrás” medio cento de leis e disposicións normativas e “regalar” 35 millóns de euros ás maiores fortunas de Galicia.

Na presentación da emenda de devolución ao dito texto no pleno do Parlamento, o responsable socialista denunciou que esta lei provoca “unha regresividade fiscal inaceptable”. De feito, nun contexto no que o goberno galego “non ten a orientación que Galicia necesita” para enfrontar o futuro, subliñou que a rebaixa do imposto do Patrimonio para as 7.700 maiores rendas de Galicia é “demencial, unha decisión regresiva, inxusta e que constitúe un “ataque ao estado do benestar”.

Así pois, Gonzalo Caballero sinalou que esta rebaixa do imposto do Patrimonio “indecente” na que o goberno galego exerce como “correa de transmisión de Ayuso en Galicia”, precisamente cando 3 de cada 4 familias galegas non chegan a fin de mes e máis de 600.000 galegos e galegas están en risco de pobreza. Censurou a “hipocrisía” política do PP, que ao tempo que presume dos orzamentos máis amplos da historia fai un discurso de «baixar os impostos todo o posible”, pero favorecendo aos máis ricos.

Na mesma liña, o deputado socialista acusou a Rueda de “falarlle aos amigos millonarios” ao presentar uns orzamentos coa “medida estrela” da rebaixa fiscal para os maiores patrimonios e cando o propio conselleiro de Facenda aproveita o debate de totalidade dos presupostos para anunciar a presentación dun “recurso para que o goberno de España non poida poñer un imposto ás maiores fortunas”.

Ademais, reprochou ao presidente da Xunta caer na carreira polo desmantelamento do Estado do benestar rebaixando impostos sen rumbo, por canto amosa unha “política errada, errática” nun momento no que os recursos públicos “son máis necesarios para a defensa da igualdade de oportunidades e dos servizos públicos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.