Inseguridades sexuais e autoestima, tema central do mércores en ‘Non lle chames amor’

Nesta nova entrega, Graña viaxará ata Monterroso na procura de viaxeiros dispostos a contar as súas experiencias e anécdotas sexuais máis interesantes

Este mércores chega ao prime time de Televisión de Galicia unha nova entrega de Non lle chames amor na que a psicóloga e sexóloga Raquel Graña viaxa ata Monterroso para falar, entre outros temas, de inseguridades sexuais e autoestima. Trátase dun novo formato talk show producido por Nortideas, SL para Televisión de Galicia que percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús. Como se verán a sí mesmos en relación ao sexo os nosos convidados?

A limusina de ‘Non lle chames amor’ pon rumbo a Monterroso para falar, entre outras cousas, sobre como repercuten as inseguridades sexuais na nosa vida diaria así como na nosa autoestima. Alí coñeceremos a Luisa e a Lalo, membros da organización dun Festival moi especial e famoso que aposta pola diversidade sexual, afectiva e de xénero: o Agrocuir.

Atreverase co programa tamén un mozo chamado Francisco co que falaremos sobre o perigo das redes sociais á hora de ligar. Ademáis vén disposta a falar de sexo sen pelos na lingua Marta, unha granxeira último modelo moi coñecida en Monterroso e toda unha referente queer do rural.

‘Non lle chames amor’

‘Non lle chames amor’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirve para escoitar a realidade do sexo. Cada programa conta cun tema principal e tres convidados que subirán á limusina para contar as súas vivencias amorosas e sexuais.

“Conversarase sobre emocións, sentimentos e sexo. Son conversas interxeracionais que rachan cos estereotipos da idade; de persoas que falan de amor e de sexo con liberdade, cada un desde a súa perspectiva dunha época ou dun lugar. Tivemos uns convidados de luxo. O programa é o que é grazas a eles que foron capaces de contar as súas intimadades ao redor do sexo”, sinala Raquel Graña, psicóloga e sexóloga que se inicia neste programa como presentadora e que xa conta con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, ‘Íntimas Conexiones’.

“Queremos tender pontes emocionais  cos espectadores a través da narración de  anécdotas e experiencias que marcaran a vida das  persoas.” –asegura Raquel Graña- “Desde a súa educación sexual, ás súas  mellores e peores experiencias, as cousas que  tiveron que facer para ter sexo ou a relación familiar  en torno á sexualidade, por exemplo. Ademáis haberá moitas preguntas nas rúas do lugar onde nos atopemos para coñecer canto sabemos en realidade os galegos e as galegas sobre sexo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.