Lage Tuñas. «A solución máxica» de Comesaña de «coverter ao persoal de enfermaría en médicos» e cualifícao de «temeridade»

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, censurou  a “solución máxica” do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, de converter ao persoal de enfermaría en médicos, e coincide co Consello de Colexios Médicos en que é un “atallo ilegal, ineficiente e temerario”, que ven das mans duns “irresponsables”.

 

José Manuel Lage comezou falando sobre sanidade, “o asunto que máis preocupa aos galegos e ás galegas”,en especial trala “constante improvisación” do goberno da Xunta nas últimas semanas ante o “colapso” da atención primaria.

Enumerou distintas accións e intervencións públicas dos dirixentes do sistema sanitario, como a responsable do Sergas, Estrella López-Pardo, a que cualificou como o “cabalo de Troia da sanidade privada” cando advertiu á cidadanía de que se acostumaran a que non tiña que haber pediatras en todos os centros de saúde, ao fío do que o socialista recordou que 192 concellos galegos non teñen servicio de pediatría nos seus centros de saúde.

Remarcou algúns datos sobre listas de espera actualizados da semana pasada para as citas cos médicos de cabeceira, expoñendo que hai unha media de 10 días de espera,cifra que aumenta ata os 13 días de media en pediatría, situación “insostible” que “preocupa principalmente aos galegos e ao PSdeG”.

José Manuel Lage criticou que o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, da man de Alfonso Rueda, sacaran “un coello da chistera”, “unha solución máxica” e apostaran por transformar ao persoal de enfermaría en médicos de cabeceira a través dun curso, que tivo a resposta contundente do Consello de Colexios Médicos de que era un “atallo ilegal, ineficiente e temerario”.

Ante isto, aseverou que o plan que tiñan dende o goberno galego era substituír a histórica facultade de Medicina de Santiago de Compostela por un “curso CCC” impartido polo 061, para que o persoal de enfermaría, xa de por si moi tensionado, asuma as funcións dos e das médicos na atención primaria. Para Lage queda constatado que “a saúde dos galegos e as galegas está nas mans duns irresponsables, de xente temeraria”.

Tamén citou o plan de atención remota polo cal os usuarios do Sergas na atención primaria serían atendidos por un médico a través dunha pantalla no centro de saúde e non de maneira presencial, que se coñeceu nos medios de comunicación que foi “gardado nun caixón, polo de agora” por parte de Comesaña, trala manifestación masiva en Madrid contra unha medida practicamente idéntica.

Esta imaxe para José Manuel Lage recorda á do expresidente Rajoy falando a través dun plasma en medio dunha crise política e é considerada unha afronta á cidadanía galega, polo que lle pediu a Rueda e Comesaña que “deixen de facer experimentos coa saúde dos galegos, coa saúde non se xoga”.

Por outra banda anunciou que levarán o Parlamento de Galicia propostas para “mellorar as condicións do persoal sanitario, cun programa con contratación estable para reducir a precariedade e as listas de atención primaria”, para o que se mostran dispostos a “encontrarse” co executivo galego. Ante isto mostra a intransixencia do PSdeG: “nos centros de saúde ten que haber un equipo completo de médicos e enfermeiros, non se pode pretender atender aos cidadáns a través dun teléfono ou unha pantalla”.

“SUBIDA INXUSTIFICADA E INDISCRIMINADA”

Ante a suba anunciada pola concesionaria da autoestrada da AP-9 dun 9% dos peaxes cara a 2023, José Manuel Lage dixo “ben alto e ben claro” que o PSdeG fará unha “oposición frontal” a un aumento “indiscriminado e inxustificado”. Polo que póñense “do lado” dos seus “alcaldes e alcaldesas” para pedir ao goberno galego e do Estado que fagan “todo o que está nas súas mans” para evitala.

Do mesmo xeito, subliñou que foi o goberno de Aznar quen “condenou aos galegos a ter autoestrada de peaxe” coa prórroga da concesión que firmou. Reafirmou que está suba de prezo é “algo impresentable” que merece unha “resposta social e política contundente”, que “non vai a contar co silencio” do PSdeG e que están “a carón da maioría da sociedade”.

REPARTO DE FONDOS DISCRECIONAL, ARBITRARIO E PARTIDARIO

O responsable de organización dos socialistas galegos tamén se pronunciou sobre o informe da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para apoiar a súa posición, onde denuncian que os concellos galegos están a facer fronte a competencias da Xunta de Galicia, con fondos insuficientes e moitas veces fondos propios, o que xerou un déficit de 624 millóns de euros nas súas contas.

Isto débese, segundo o seu informe, ao reparto “discrecional, arbitrario e partidario” que fai a Xunta cos fondos aos concellos, polo que Lage emprazou a Rueda a imitar o “modus operandi” das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra. Os problemas dos concellos galegos maniféstase tras 13 anos de goberno do PP na Xunta e que leva a situacións límite como o do Servicio Asistencia ao Fogar (SAF) que asumen os concellos, moita veces con fondos propios, cando é responsabilidade da Xunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.