Maite Ferreiro: “O BNG traballará para que a USC non peche definitivamente o edificio do vicerreitorado da praza Pío XII”

A concelleira do BNG, Maite Ferreiro afirmou á entrada do Pleno Municipal que o BNG traballará para que a USC non peche definitivamente o edificio do vicerreitorado da praza Pío XII. Ferreiro calificou esta decisión da USC como «unha discriminación á cidade de Lugo», e afirmou que o Pazo dos Montenegro é «un edificio representativo» do casco histórico.

Maite Ferreiro destacou a importancia que ten este edificio de cara á vinculación entre o Campus e a cidade de Lugo, e afirmou que «é necesario seguir mantendo os servizos administrativos e a actividade cultural, facilitando aos disintos colectivos un horario axeitado para as súas actividades»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.