Medallas de bronce para Amador Pena e Ainoa Gontán na CorreSan Nocturna

Nunha semana na que se retomou o agardado Circuíto CorreSan de Santiago de Compostela, a xornada deportiva empezou o martes, coa celebración da Carreira Popular Concello de Rianxo. Ata a vila do Barbanza desprazáronse un bo número de corredores aproveitando a festividade do primeiro de novembro. Entre os nosos atletas en idade escolar estiveron: Daniela Gil, Marcos Barcala, África Gil, Lucía Codesido e Iago Mateos. En adultos: Elena Veres e María Tarrío lograron posicionarse entre as dez primeiras mulleres, 2ª e 3ª das súas respectivas categorías Senior e Máster2. Tamén participaron: Manuel Castiñeiras, Amador Pena, José Sandá, Juan Alvarellos e Juan Luis Botana. A cita estrela da semana foi o retorno dunhas das clásicas carreiras ‘picheileras’: a CorreSan Nocturna. A primeira das probas do circuíto CorreSan, que percorre as rúas da zona vella de Santiago de Compostela, celebrouse este pasado sábado despois de varios anos de espera. A praza do Obradoiro, punto de saída e chegada para todos os atletas, foi testemuña das emocións e das celebracións deste primeiro evento, onde a representación compostelanista foi notoria. Despois de realizar unha fermosa instantánea de equipo aos pés da impoñente Catedral, os nosos disputaron cadansúas probas segundo a súa categoría.
En Escolares1 (Sub10 e Sub12): Marcos Barcala e Vega Pérez foron 3ºs da proba Sub12; na que tamén estiveron Xoel Otero, Clara López, Ariana Iglesias, Xoel Rodríguez e Sofía Suárez. Tamén houbo corredores branquiazuis na carreira Sub10, como Xan Vilas, Xián Martínez, Noa López, Daniela Gil, Xabi Alegre e Adrián Lorente.
En Escolares2 (Sub14 e Sub16): Paula Fernández foi a 2ª rapaza en entrar na meta, 1ª da
categoría Sub14. Gonzalo Pérez e Lucía Taboada participaron da proba Sub14. En Sub16
correron: Iago Mateos, Hugo Otero e Iago Fernández.
Amador Pena e Ainoa Gontán foron 3ºs clasificados da carreira absoluta con 18:18 e 21:22, respectivamente. Ademais, o míster foi 1º da categoría Máster1 e Ainoa foi 2ª Sub18. Desta proba participaron un gran número de atletas compostelanistas que rexistraron excelentes resultados:
Pablo Díaz (5M/3Sub20) 18:25, Iván Abeledo (20M/2Sub23) 19:52, Gerardo Cachafeiro
(21M/5Senior) 20:01, Xoel Blanco (27M/5Sub18) 20:12, Antonio Vázquez (28M/5Máster2)
20:12, Manuel Castiñeiras (42M/13Máster1) 20:38, Brais Pérez (92M/4Sub23) 22:26, Antonio Carneiro (98M/32Máster1) 22:48, Roi García (99M/33Máster1) 22:49, Elena Veres (8F/3Senior) 22:59, Santi Dapena (120M/36Máster1) 23:01, María Tarrío (9F/3Máster1) 23:15, Jorge Castro (131M/44Máster1) 23:34, Laureano Varela (146M/41Máster2) 23:56, José Sandá (164M/58Máster1) 24:17, Juan José Alvarellos (165M/59Máster1) 24:17, Julia Salvado (13F/4Sub18) 24:23, Fernando Casal (224M/73Máster1) 26:07, Walter Piñeiro (244M/82Máster2) 26:56, Juan Luis Botana M. (251M/82Máster1) 27:15, Juan Luis Botana F. (252M/21Máster3) 27:16, Javier Miramontes (257M/84Máster1) 27:19, Nuria Mejuto (41F/9Senior) 27:29, María Ramos (54F/14Senior) 29:01, Francisco Pena (310m/28Máster3) 29:02, Jesus Cabo (322M/107Máster2) 29:36, Silvia Fernández (71F/14Máster1) 30:24, Candela Otero (117F/31Senior) 33:25 e María Codesido (154F/44Máster1) 36:21
En Pereiro de Aguiar, Ourense, as cores azul e branco brillaron da man de Alejandro Montero, Javier de Dios e Sindo González, no XXV Cross Guillerme Brown. Os tres atletas da Esedé completaron o percorrido de 4,2 quilómetros finalizando entre os seis primeiros clasificados: Alejandro Montero foi 2º cun tempo de 12:16, Javier de Dios foi 3º con 12:22 e Sindo foi 6º con 13:03. Logo de recibir a medalla de bronce en Pereiro de Aguiar, Javier de Dios repetiu posición na categoría Senior (19º Xeral) no II Trail Ruta dos Muíños, no que participou o domingo pola mañá.
Tamén en Vigo, na Media Maratón de Vigo-10K Alejandro Gómez, estivo un dos nosos: Daniel García. O corredor branquiazul completou os 21 quilómetros en 1:29:12 mellorando, case seis minutos, a súa marca da pasada edición.
O noso Yago Iglesias aproveitou a 3ª Xornada Serie Municipal en pista ao aire libre celebrada o sábado en Vigo para participar na proba dos 3.000 metros, na que quedou en 2ª posición cun rexistro de 9:29.97. As cores da SD Compostela viaxarán por boa parte do territorio nacional a vindeira fin de semana, na que estaremos presentes nun importante evento internacional como é o Campionato de España de Campo A Través por Clubs, que se celebra en Atapuerca (Burgos). Alí participará un equipo de relevos mixto, así como outro de categoría Sub18 Masculina e de Absoluta Masculina.
Tamén haberá representación na tradicional carreira que separa a vila de Behobia de San
Sebastián, que vai pola súa 57ª Edición. Máis preto da casa, estaremos na Clásica de Negreira.