Movemento veciñal de Touro optará á alcaldía de Touro

Transparencia, participación veciñal, defensa do público e desenvolvemento local serán, como son, os eixos guía da súa acción política.

O Movemento Veciñal de Touro, líder da oposición na localidade, consituirase en partido político de ámbito local no municipio coruñés coa vista posta no seu traballo cara o que resta de lexislatura e as eleccións municipais de 2023, nas que aspiran a rematar co réxime actual que condena Touro ó abandono>> din, en alusión ó rexedor e resto do equipo de goberno.

Para afrontar este paso, a formación política, que se presentou por vez primeira ás eleccións locais do 2019 conseguindo 3 concelleiros e converténdose en líder sólido da oposición ó Partido Popular, continuou o traballo que viña facendo dende o comezo da súa acción política, en permanente contacto coa veciñanza e incorporando novas voces que manifestan a necesidade dun cambio na xestión municipal de Touro, onde se mantén gran parte do equipo de goberno dende fai case 30 anos.

Así, o Movemento Veciñal de Touro, continúa medrando dentro dos límites do concello Tourense, onde a súa oposición crítica e clara ó goberno, e ó mesmo tempo construtiva e cargada de propostas posibles, necesarias, e beneficiosas para a veciñanza, revelou a existencia de alternativa política ó desmantelamento que vén padecendo o Concello, acentuado nos últimos anos.

Unha alternativa que se sustenta, segundo os novos estatutos da formación, na participación veciñal, o desenvolvemento de políticas sociais, a loita contra o desemprego, o desenvolvemento económico e o apoio ó sector agroalimentario, e a defensa dos servizos públicos e a protección do medio natural e do territorio.

Nos novos estatutos tamén se detallan as fórmulas de participación veciñal, establecéndose a figura do afiliado-colaborador, que dará dereito de voz e voto no máximo órgano de decisión do partido en cumprimento do Código Ético, ou a creación de grupos específicos de traballo, nos que calquera veciño, colaborador ou non, poderá participar en prol do interese colectivo para o Concello de Touro.

Actualmente o Movemento Veciñal de Touro (MVT) conta xa cun amplo equipo, do que forman parte tanto os membros da candidatura ás anteriores municipais como novos nomes que se seguen sumando a este proxecto político de ámbito local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.