O acto ‘Expresarte en Igualdade’ pecha este domingo en Vilalba a programación do 25N

O Auditorio Municipal de Vilalba acolle este domingo ás 18:00 horas o acto ‘ExpresArte en Igualdade’ contra as violencias machistas e a favor da igualdade.
O Concello de Vilalba pecha a ampla programación polo 25N cunha actividade dirixida aos centros de ensino e o tecido cultural da vila.
Formarán parte desta iniciativa o IES Basanta Silva, o Conservatorio de Música, a Asociación Cultural Andrade, o CEIP Insua Bermúdez, IESCHA, Corredores de Sombra, a Escola Municipal de Teatro e Lambe Lambe.
O Concello de Vilalba agradece a súa implicación para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero.
O obxectivo desta nova cita é sensibilizar, previr e loitar contra as diferentes violencias machistas, un propósito no que o Concello de Vilalba traballou cun amplo programa de actividades baixo o lema ‘A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño’.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.