O BNG apoia en Burela as reivindicacións da veciñanza e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

Animan á sociedade mariñá a asinar a ILP sobre atención primaria para que chegue con forza ao Parlamento e o PP teña que recuar

Cargos orgánicos e institucionais participaron na mañá de hoxe na concetración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e mais SOS Sanidade Pública ante a grave situación que atravesa a atención primaria na comarca. Os numerosos veciños e veciñas que se achegaron a esta concentración aproveitaron para asinar tamén os pregos da Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas Urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria que a Plataforma mariñá está distribuindo por todas as localidades da comarca.

Estiveron presentes polo BNG, o deputado Daniel Castro, o portavoz municipal en Burela Mario  Pillado, o responsable comarcal Antonio Veiga, e concelleiras e concelleiros da comarca xunto con cargos orgánicos.

Para o Bng a  sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma  na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que  se fai notar, e dun xeito moi acusado,  na comarca da Mariña.

Desde o BNG, Daniel Castro afirmou que , “temos que respaldar esta ILP para que chegue ao Parlamento cos máximos apoios e o PP teña que rectificar a súa política de desmantelamento da sanidade pública”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.