O BNG de Culleredo organiza un acto informativo sobre o novo Plan Director do aeroporto de Alvedro

Celebrase o luns 28, jás 19.00h, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples

O BNG de Culleredo organiza este luns día 28, ás 19.00h., unha palestra informativa sobre as implicacións do novo Plan Director do Aeroporto de Albedro, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Acompañarán a Tono Chouciño o profesor de Dereito Administrativo da UdC, Carlos Aymerich, e o avogado Xoán Antón Pérez Lema.

No acto falarase das consecuencias e servidumes que traerá a aprobación de dito Plan Director sobre as propiedades incluídas no ámbito de afección da pegada sonora e as posíbeis accións a levar a cabo polas persoas afectadas.

Para Tono Chouciño «a veciñanza non pode ficar á espera do cumprimento dunhas difusas promesas que, coñecendo como coñecemos ao señor Rioboo, pronto se han transformar en excusas e lamentacións»

No último Pleno, celebrado este xoves, puidose comprobar como o Goberno de José Ramón Rioboo amosara o seu escaso interese en dar cumprimento ás resolucións aprobadas polo anterior Pleno Municipal e mesmo se negaba a apoiar financeiramente ás asociacións veciñais para que puideran reclamar contra o texto aprobado polo Ministerio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.