O BNG esixe a PP, PSOE e Alternativa que desautoricen a moción de censura en Sada

Diante do anuncio da presentación nas últimas horas dunha moción de censura en Sada, promovida polo PP, PSOE e Alternativa dos Veciños. O BNG, formación integrante do actual goberno municipal sadense, quere trasladar ao conxunto da opinión pública as seguintes consideracións:

1.- A anunciada moción de censura non busca dar resposta ás problemáticas (moitas e diversas) que ten Sada a día de hoxe, nin ofrece un programa de goberno claro e verosímil para gobernar o Concello, máxime tendo presente que faltan unicamente seis meses para as vindeiras eleccións municipais.

2.- Corresponderalle, xustamente, en maio do ano que vén, ao conxunto do pobo de Sada elixir democraticamente nas urnas o seu novo goberno municipal; nun proceso transparente en canto a candidaturas, programas, acordos ou coalicións, lonxe de pactos de despacho cociñados de costas á cidadanía.

3.- O BNG fai un chamamento público ás direccións do PP, PSOE e Alternativa dos Veciños a, con carácter inmediato, declarar oficial e legalmente tránsfugas aos seus concelleiros en Sada, como único xeito verificábel de constatar a súa desautorización da moción de censura e de tentar deter este despropósito.

4.- A altura do ano 2022 (e máis nunha vila como Sada), xa nada sorprende do que poidan argallar as grandes formacións sistémicas: PP e PSOE, pero chama poderosamente a atención a deriva do grupo Alternativa dos Veciños que, actuando durante todo o mandato sen máis guía que os seus particulares intereses, retrátase como un entramado de franquicias electorais ao servizo do seu líder, sen a máis mínima ética nin coherencia política. Solidarizámonos coa inmensa maioría de votantes desta formación en toda a comarca que, coa mellor intención, apostaron no seu día polo que entendían un proxecto transformador e de progreso e non por unha UTE de extranos intereses.

5.- O BNG é unha forza política seria e rigorosa, pase o que pase, as nosas concelleiras, Laura Rodríguez e Sara Arroxo, continuarán a desenvolver as súas funcións de goberno sen desatender nin un minuto ás necesidades do Concello de Sada. Con total modestia e humildade, no BNG apostamos pola constancia e o esforzo no traballo político e social coma o mellor xeito de servir ás xentes de Sada, fóra de conspiracións de salón, que en nada benefician ás demandas reais da sociedade sadense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.