O BNG realiza unha ofrenda floral coincidindo co 104 aniversario da Asemblea Nacionalista de Lugo

Arroxo: «Quixemos lembrar un acontecemento importante na historia de Lugo e de Galiza»

O Grupo Municipal do BNG realizou un acto de lembranza no 18 de novembro, aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo, xunto á estatua de Castelao, un dos asistentes á asemblea do 18. O candidato do BNG Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, foi o encargado de realizar a ofrenda floral coa que o BNG quixo lembrar esta data.

«Queremos facer esta lembranza simbólica para lembrar un acontecemento importante na historia de Lugo e de Galiza», afirmou Rubén Arroxo, que destacou que «a Asemblea celebrada na nosa cidade hai hoxe 104 anos foi o punto de partida para o nacionalismo galego contemporáneo».

A I Asemblea Nacionalista, celebrada en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, contou coa presenza de autores destacados do nacionalismo galego, como Castelao, Ramón Cabanillas, os irmáns Vilar Ponte e o lucense Lois Peña Novo.

Na Asemblea de Lugo do 1918 asinouse o manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego. No mesmo defínese a Galiza como nación, e afírmase que «son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza, e, sobre todo, a súa soberanía completa e sen cativeces».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.