O BNG trasladará ao Pleno a necesidade urxente da licitación do servizo de recollida de lixo en Castroverde

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde “levamos moito tempo cun servizo de recollida do lixo decifiente por mor da inoperancia do goberno municipal”

O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde levará nunha moción ao vindeiro Pleno a necesidade dunha nova licitación que poña estabilidade e asegure a calidade do servizo de recollida do lixo no concello.

Por isto, o BNG tamén propón o impulso dun punto limpo onde a veciñanza poida desfacerse do seus refugallos de forma segura, controlada e garantindo a salubridade.

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, explicou “levamos moito tempo cun servizo de recollida do lixo deficiente por mor da inoperancia do goberno municipal, tivemos o lixo nas nosas portas moito tempo sen recoller e o caso máis relevante é o descontrol que está ao pé do campo de fútbol”.

Neste última cuestión, a concelleira destacou que este descontrol “presúmese que conta coa autorización do goberno municipal, o que é unha verdadeira barbaridade que se contamine e dé unha imaxe totalmente indencente do noso concello”.

De igual xeito, Iria Castro subliñou “é indecente que non teñamos un servizo xa definido, mais o realmente sangrante e que se subira a taxa de basuras á veciñanza cun servizo que salta á vista que é deficiente, feito que o BNG xa denunciou en tres ocasións ante o Pleno; unha mostra clara da incapidade deste goberno municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.