Festival Folklorico e recoñecemento a Tomás do Rego «O gaiteiro de Bexo»

O próximo sàbado 26 de novembro ás 18h no Local Social do Montiño en Imo, (Dodro) a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do FESTIVAL FOLCLÓRICO 2022 e ademais faráse un especial recoñecemento a Tomás do Rego «O Gaiteiro de Bexo» que leva mais de setenta anos tocando a gaita e foi mestre de toda unha xeración de gaiteiros da comarca.

Recoñecemento a Tomás
Foi fundador do grupo «Aires da Nosa Terra» de Laíño co que tocou en numeroasa festas e certames folclóricos por todo o país e colaborou con outros grupos da comarca do Sar e a Arousa.