O Concello de Marín arranca unha estratexia de participación cidadá para a elaboración da Axenda Urbana

Celebraranse varias mesas sectoriais de traballo divididas por áreas temáticas e habilitarase unha enquisa online a partir da próxima semana.

O Concello iniciará estes días un proceso de participación cidadá para involucrar á sociedade marinense na elaboración da Axenda Urbana, o documento que se está a redactar para asentar as bases de como queremos que sexa o Marín do futuro.

Para iso, convocaranse nos próximos días unha serie de mesas sectoriais sobre mobilidade, urbanismo, medio ambiente, benestar, empleo, economía urbana e circular e innovación dixital nas que participarán actores relevantes para Marín, como asociacións, entidades, institucións, empresas…

Ademais, a partir de finais da semana que vén, habilitarase unha enquisa online que permitirá a calquera persoa participar e dar a súa opinión sobre cales son os maiores retos aos que se enfrenta Marín en todas estas áreas temáticas, aportando ideas que se terán en conta na elaboración da Axenda Urbana.

Este venres, o corpo funcionarial do Concello tamén recibiu unha formación específica para coñecer o marco normativo no que se encadrará a Axenda Urbana de Marín, que está enmarcada na Axenda Urbana Española e que será un documento esencial de cara á captación de financiación europea nos próximos anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.