O MUNCyT acollerá a vindeira semana o acto de entrega do Premio Otero Pedrayo ao investigador Ángel Carracedo

Valentín González Formoso recibiu na Deputación ao director do museo, Fernando Luis Fontes, co que abordou a longa traxectoria de colaboración que une a ambas entidades

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial ao director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnolxía (MUNCyT), Fernando Luís Fontes Blanco.

Un dos asuntos asuntos abordados na reunión foi que o MUNCyT acollerá o vindeiro xoves o acto de entrega do premio Otero Pedrayo, organizado este ano pola Deputación da Coruña e convocado anualmente desde 1977 polas catro deputacións galegas e Xunta, ao investigador e catedrático Ángel Carracedo.

Formoso agradeceu  a colaboración Museo e subliñou que se trata da primeira vez que este prestixioso galardón, o máis lonxevo de Galicia, premia a unha traxectoria centrada na investigación médica e científica, «polo que non pode haber mellor marco que o MUNCyT para acoller unha entrega tan especial a un referente da investigación cinetífica galega.»

Longa traxectoria de colaboración

Formoso e Fontes abordaron tamén a importancia da colaboración institucional que fixo posible que A Coruña conte hoxe cun Museo Nacional desta relevancia, cunha ampla colección de máis de 17.000 obxectos entre instrumentos científicos, aparellos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas ou ferramentas industriais que datan desde o século XVI ata os nosos días. Nesa colaboración, destaca a cesión en 2009, por parte da Deputación da Coruña, do edificio Prisma de Cristal, o inmoble que alberga a sede coruñesa do MUNCyT.

Formoso e Fontes abordaron tamén posibles vías de colaboración no futuro para seguir impulsando a actividade dun museo de referencia a nivel estatal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.