O PP de Viveiro esixe ao Concello que adopte medidas para acabar coa praga de ratas no parque infantil do paseo marítimo e no Pernas Peón

Instan á alcaldesa a responder con rapidez fronte ao problema que ten preocupados a numerosos veciños

O grupo municipal do PP faise eco da preocupación expresada por numerosas veciños pola praga de ratas que afecta a dous parques da cidade. Os concelleiros populares instan ao goberno local, presidido pola socialista María Loureiro, a adoptar as medidas necesarias para corrixir este serio problema de seguridade e salubridade.

O concelleiro Javier Teijeiro explica que nun percorrido polo Parque Municipal Pernas Peón puido “comprobar a existencia dunha colonia de ratas de considerable tamaño a poucos metros da zona de randeeiras e demais xogos, concretamente debaixo dunha palmeira situada no bordo do estanque dos patos”. Explica que, por outra parte, “varios veciños nos alertaron do mesmo problema no Parque Infantil de Viveiro, situado á beira do paseo marítimo, moi preto do Hotel Urban”.

O portavoz municipal, Óscar Rodríguez, sinala que o goberno local ten que facer as xestións oportunas coa empresa encargada das labores de eliminar as colonias de ratas na cidade para que tome as medidas oportunas para combater este problema nos dous parques citados. Considera que tamén neste caso parece fallar o control do goberno local sobre o labor das empresas contratadas para a prestación de servizos ao concello. Rodríguez sinala que este é un tema serio, que afecta a seguridade e a salubridade e ao que hai que dar unha resposta rápida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.