O PSdeG-PSOE de Touro reclama á Xunta melloras urxentes no Colexio Fonte Díaz

O PSdeG-PSOE de Touro solicita á Xunta de Galicia que engada nos Orzamentos autonómicos do 2023 varias actuacións de reforma no C.P.I. Fonte Díaz

«Para elo, presentamos unha emenda ás contas autonómicas para 2023 a través da deputada Noa Díaz, na que pedimos unha inversión no centro escolar de 200.000 euros», explica Gemma López, portavoz dos socialistas de Touro.

Esta proposta, que conta co apoio de varios colectivos do municipio e de nais e pais, inclúe unha reforma na patio (zona multixogo, zona de reunións e de lectura, pista multideporte, zonas de escalada, horta escolar e zonas para nenas e nenos con necesidades especiais,) así como melloras no edificio do colexio.

«Dende o PSdeG de Touro agardamos que a Xunta recolla a nosa proposta e modifiquen os orzamentos, e tamén animamos ao alcalde Ignacio Codesido a que apoie a nosa proposta e inste ao PP a que inclúa a iniciativa nas contas autonómicas de 2023», engade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.