Oleiros organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello oferta 50 prazas para esta actividade coa que tamén se procura fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

O prazo de preinscrición estará aberto desde o xoves día 1 ata o 9 de decembro e poderase facer enviando a folla de inscrición que pode atoparse na web municipal, no apartado de Ensino e Xuventude, a ensino@oleiros.org ou entregándoa presencialmente na Fábrica, en horario de mañá. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.

Máis información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.