Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado polo colapso do viaduto da A-6

Insisten en que «esta vía de comunicación é esencial para Galicia e para Castela e León» e, polo tanto, urxen ao seu restablecemento unhas vez coñecidas as conclusións preliminares sobre as causas do seu derrubamento

Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso volven solicitar, como xa fixeran en xuño, a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para informar sobre as causas do colapso do viaduto do Castro na A-6, así como sobre o cronograma e o orzamento previstos para a súa reparación e restablecemento.

Insisten os populares en que “esta vía de comunicación é esencial para Galicia e para Castela e León” e, polo tanto, urxen ao seu restablecemento unhas vez coñecidas as conclusións preliminares sobre as causas do seu derrubamento. De aí que rexistraran esta mesma semana a solicitude de comparecencia de Raquel Sánchez e Isabel Pardo de Vera na Comisión de Transportes da Cámara Baixa.

Celso Delgado, Jaime de Olano, Joaquín García, Ana Vázquez solicitaron ademais ao Ministerio unha serie de informes e documentos relativos ao colapso da A-6 como son: os informes de inspección periódica do viaduto do Castro desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o mes de marzo de 2021, o informe de inspección especial realizado en abril de 2021 e no que aflorou o gran deterioro dos cables, o expediente de declaración de emerxencia das obras, os contratos coas diferentes empresas, a memoria e o orzamento das obras de reparación, os informes de vixilancia e seguridade emitidos ao largo da execución das obras de emerxencia ou os informes das inspeccións principais e especiais realizadas sobre os viadutos de Valenzá e Arnoia na A-52 e do Manzanal na A-6.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.