Ourense concello arboricida con prácticas negacionistas e dispendio de diñeiro público

Amigas das Árbores

As varias ducias de árbores arrincadas «de cuajo» nas rúas do centro de Ourense cumprían unha función básica e seu valor (pendente de estudo) era moito máis alto do que imaxinamos (Norma Granada). Ningunha destas árbores vai sobrevivir pois fíxose sen ningún criterio e sen as mínimas condicións sinaladas nos manuais de xardinería e arboricultura.
As árbores arrincadas trasladadas ao viveiro do concello a carón do Cemiterio de Santa Mariña morrerán máis pronto que tarde…
Era posible realizar as obras sen retirar as árbores? son multiples os exemplos de cidades onde conviven as árbores cos bulevares, avenidas, parques e xardíns; árbores de deceas de anos e incluso centenarias que cando se fan obras protéxense garantindo a súa vida (París, Viena, Florencia, Logroño, Barcelona, Vitoria/Gasteiz, Braga, Chaves…).
Lembramos que os servizos ecosistémicos das árbores (reguladoras do clima, ciclo da auga, biodiversidade, paisaxe, valor das vivendas da contorna…) incrementanse coa súa idade e as súas dimensións.
Custe media dunha árbore nova, de 15 a 30 Cm. de perímetro para repor, 300 a 500 euros. transporte 500 euros, cada 5/10 árbores. 2 metros cúbicos de terra vexetal por alcorque, 100 euros. Prantación máis entuturado, de 100 a 400 euros segundo dimensións. Protección/pavimentación do alcorque, de 200 a 500 euros…Como mínimo 1000 euros árbore nova, se ten o alcorque preparado.
«As cidades que arrancan as súas árbores, que non respectan o seu patrimonio vivo van morrendo paseniñamente, non teñen futuro…».
Que facer? Amigas das Árbores asi como outros colectivos e asociacións estamos estudando como poder evitar estes arboricidios inxustificados e este dispendio de diñeiro público.
Lembrar que Ourense incumpre o aconsellado pola ONU e a Unión Europea en canto a número de árbores e metros cadrados de espazo verde por habitante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.