PP de Castroverde. «O alcalde Arias non responda aos escritos dos veciños»

Os socialistas gustan de falar de participación cidadá, pero non poñen interese ningún en levala á practica alí onde gobernan. É fácil comprobalo. En concreto, no concello de Castroverde, o alcalde, José María Arias, non se sinte vinculado polo compromiso de fomentar a participación cidadá; máis aínda, no se sinte concernido pola obriga, cando menos moral, de responder aos veciños que se dirixen a el para expoñer queixas e necesidades. Así o sinala o portavoz popular, Rubén Otero, que insta a Arias a cambiar o paso e responder aos veciños “independentemente de que poida o queira atender ou non aquelo que solicitan”.

Otero sinala: “Acollerse á vía do silencio administrativo, dito sexa no sentido máis amplo, non é propio dun alcalde que crea na participación cidadá, e moitos menos nun concello con pouca poboación como é o de Castroverde. É unha cuestión de respecto ou non aos veciños”.

Os populares destacan que no municipio de Castroverde, como en calquera, hai todo tipo de problemas en cuxa solución ten que intervir o Concello. Ás veces -di Rubén Otero- o único que queren os veciños é información para saber como deben proceder. Sinala: “É inaudito que o goberno local, sinaladamente o alcalde, non conteste aos seus veciños”.

Otero insta ao alcalde a cambiar o paso na maneira de xestionar a relación cos administrados, para responder coa maior rapidez posible ás cuestións que teñen que ver co Concello.

 

2 comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.