PP de Ribadeo: “Cunetas sen limpar, falta de desbroce e non se realizou a poda, é a demostración que o goberno do BNG está paralizado”

O grupo municipal popular explica que a falta de desbroce e a ausencia de limpeza nas cunetas, e en áreas recreativas e xardíns é un problema que os veciños levan tempo reclamando unha solución

O Partido Popular de Ribadeo denuncia unha clara falta de desbroce no Concello. A coordinadora de medio rural, Monste Seijo explica que “só se desbroza cando hai unha festa, se é que hai”, e supón un grave problema para os veciños que ven un abandono total das áreas recreativas, parques e xardíns.

Seijo destaca que no inverno este problema agrávase. “A falta de limpeza nas cunetas provoca que a auga discorra polas pistas e estradas esnaquizando o pavimentado, e parece que o goberno do BNG non se da de conta”.

Desde o grupo municipal popular o que máis sorprende foi a decisión do concelleiro de medio rural de comprar un remolque para a recollida de terra das cunetas e das podas pero está aparcado nun taller. “A verdade é que non se entende que con diñeiro de todos se compre un remolque para telo aparcado, parece que non saben cómo están estas parroquias” apunta Seijo.

Pola súa parte, a vicevoceira do PP ribadense, Elena Sierra, asegura que o grupo popular continuará coa súa labor de atender as demandas dos veciños e levar a todas as queixas e peticións ao próximo pleno onde xa non é a primeira vez que o BNG non fai caso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.