Presentación da Asociación A terra, o balón, mais elas

Bibiana Santiso – Presidenta

O fútbol xogado por mulleres está nunha fase inicial de crecemento. Isto pode levar a que a sociedade pense que xa está a facerse o suficiente para visibilizar e promover á muller dentro de todas as facetas laborais, tanto do fútbol practicado por mulleres como por homes. Co nacemento de A terra, o balón, mais elas pretendemos dar apoio para mudar procedementos e modelos, e para acelerar algo tan natural como a normalización e a visibilización da muller neles. Traballaremos para axudar a que ese crecemento sexa harmónico, tanto no eido federativo, coma nos clubes e para todas as mulleres que estean integradas no fútbol, no fútbol sala e no fútbol gaélico. Diferentes tipos de asesoramentos, programas de traballo e colaboracións, tamén con entidades públicas, son outra parte dos nosos obxectivos, orientados as tres áreas do deporte referidas.

A terra, o balón, mais elas preséntase como un espazo e un camiño de acción para que a muller, individual ou colectivamente, teña o valor e o respecto que lle corresponde nestas modalidades e, subseguintemente, no deporte e na sociedade.

Convidámoste a que esteas connosco.

Data: Mércores, 23 de novembro.
Hora: 16:30 horas
Lugar: Asociación de Veciñas Agra do Orzán, Rúa Entrepenas, 38 – A Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.