Produtores e produtoras de “A provincia que sabe” salientan o éxito de contactos comerciais no Fórum Gastronómic de Barcelona

Os e as represetantes dos produtos “que saben” presentes no stand da Deputación durante os tres días de Fórum Gastronómic coinciden en salientar os bos resultados en canto a contactos comerciais realizados: desde cadeas de distribución e puntos de venda, ata xornalistas e críticos especializados en turismo e gastronomía. Convén lembrar que baixo o paraugas institucional da Área de Turismo, e no marco da estratexia de promoción ‘A provincia que sabe’, nesta edición incorporouse a presenza de produtores e produtoras, xerentes e/ou CEOs de varias marcas de produtos agroalimentarios procedentes dos xeodestinos da provincia.
Neste sentido, o viccepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira asegura que “destacar nunha feira tan competitiva coma esta, na que están representados todos os territorios do Estado, indica que contamos con produtores e produtoras con capacidade para destacarse, poñer en valor as súas marcas e pechar negocio”. Xosé Regueira explica que “precisamente esta nova estratexia de promoción, baseada na sustentabilidade e na calidade de toda a cadea agroalimentaria, é o camiño para avanzar en novas oportunidades de negocio e fomentar a empregabilidade en sectores con base no medio rural e no territorio, e aquí estamos vendo como o traballo de empresarios que buscan a especialización do seu produto implica un valor engadido con moi boa acollida”.
Ademais da liña de produtos agroalimentarios, o stand da Deputación tamén ofreceu sesións de cociña en directo que remataron nesta última xornada cun showcooking a cargo da cociñeira Bea Hermida e do cociñeiro Óscar Ures do restaurante ‘A Cunca’ de Buño, Malpica de Bergantiños. Bea Hermida e Óscar Ures, que participaban no Fórum Gastonómic por vez primeira, achegaron ao público unha receita de ceviche de corvina e gambón, e unha fideuá con berberechos de Canduas e polbo de Malpica.

Produtos agroalimentarios “que saben” presentes no Fórum Gastronómic de Barcelona da man da Deputación

• Arzúa: Queixo Galmesán, representado pola xerente da marca, Carmela Cano
• Arzúa: Queixería As Verbas, representado por un dos tres socios e gandeiro, Xosé Lois Fernández Segade
• Arzúa: Queixos Barral, a cargo de Francisco Muñoz e Laura Arrasa, representantes da marca en Barcelona
• O Pino: Bica e tarta de améndoa de Vila sen Vento
• Santiago de Compostela: Vermú Sardino, con presenza dos tres propietarios da marca, Ramón Costas, Carlos Rey e Alfonso Méndez-Benegassi
• Carballo: Empanada ‘Costumes gastronómicos de Galicia’, representado polo director comercial, Antonio Claro, e polo xerente e panadeiro, Francisco Fraga
• Carballo: Licores Bello Blanco, a cargo do propietario Borja Bello Blanco
• Coristanco: Legumes ‘A Despensa D’Lujo’, con presenza de Lucía Calvo e José Iglesias
• A Pobra do Caramiñal: A Conserveira, representada por Diego González Rodríguez
• Cariño: Conservas vexetais ‘Amieiro’
• Cariño: Conservas ‘La Pureza’
• San Sadurniño: Galletas ‘Maruxas de Nata’
• Ortigueira: Algas ‘Mar de Ardora’

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.