RC Deportivo. BCD Sports se convierte en patrocinador del club y gestionará los viajes de los equipos

BCD Sports, marca especializada de BCD Meetings and Events Spain, pertencente a Ávoris Corporación Empresarial, asinou en exclusiva un acordo para esta temporada 2023/2024 co RC Deportivo, no que a empresa especializada en loxística de viaxes deportivos comezará a encargarse dos desprazamentos dos equipos.

Neste convenio tamén participou Halcón Viajes, pertencente ao mesmo grupo empresarial, para converterse no patrocinador oficial do club e poder ofrecer aos máis de 23.000 socios do equipo coruñés vantaxes exclusivas. Por outra banda, a marca estará presente nos partidos do Dépor, a través dos medios oficiais do Club.

Grazas a esta firma, BCD Sports non só será a axencia oficial do primeiro equipo, senón que tamén xestionará a loxística das viaxes que realice esta temporada o Dépor ABANCA e de toda a nosa canteira. De igual maneira que Halcón Viajes será o patrocinador oficial de todos os equipos.

Á firma deste acordo, que se levou a cabo na Cidade Deportiva de Abegondo, após a visita a ABANCA-RIAZOR, asistiron Araceli García-Mediavilla, responsable rexional de BCD Sport e o presidente do Club, Antonio Couceiro, quen demostraron as ganas de seguir asinando por moitas temporadas máis.

Araceli García-Mediavilla, Rexional Director Sports de BCD m&e, expresou que: “Este primeiro acordo entre o Dépor e BCD Sports é unha das firmas que tanto tempo ansiabamos celebrar. Desde BCD Sports imos traballar co Deportivo, co Dépor ABANCA e co resto de categorías inferiores para ofrecerlles nosa ampla experiencia en xestión de viaxes deportivas. Esperamos que este acordo sexa o comezo dunha longa traxectoria xuntos.”

Pola súa banda, Antonio Couceiro, presidente do Club, destacou que: “Hoxe é un día de celebración para o Dépor e as súas diferentes categorías porque nos pomos en mans dunha empresa líder en xestión de viaxes deportivas, que estamos seguros vai cubrir todas as nosas necesidades loxísticas grazas á súa ampla experiencia e saber facer. Esperamos poder seguir percorrendo este camiño xuntos e cultivar moitos éxitos.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.