Risco asistencial e caos nas urxencias de Pediatría do CHUO ante a peor onda de patoloxías respiratorias dos últimos anos

SATSE  denuncia a falta de reforzos de Enfermaría do Servizo de Urxencias Pediátricas no CHUO

SATSE denunciou ante a Xerencia, ademais de trasladalo a Xefatura de Inspección Sanitaria, a situación de risco asistencial e falta de seguridade que se perpetúa no Servizo de Urxencias de Pediatría do CHUO, ao manter unicamente unha enfermeira de tardes e noites para o Servizo, referente da Provincia de Ourense.

A situación xa era precaria na dotación mínima de enfermeiras, dende fai anos, argumentado pola Dirección pola baixa asistencia anual, e pese a continuas exixencias das enfermeiras e reclamacións realizadas por parte deste Sindicato, sendo a única resposta a unha ampliación física do Servizo, sen maior dotación de persoal.

Nas últimas datas, o actual impacto de enfermidades respiratorias nos nenos é alarmante, con virus coma a gripe A e Virus Sincitial Respiratorio (VRS) , con todas as Comunidades Autónomas en alerta pola incidencia do mesmo,  a resposta da Dirección de Enfermería de Ourense é manter un solo efectivo de Enfermería nos quendas de tardes e noites, incomprensiblemente coincidindo coa maior afluencia de doentes.

Para SATSE, a dirección intenta “parchear” a situación enviando auxiliares de enfermaría en lugar de enfermeiras, promovendo  para o Sindicato de Enfermería en posibles delitos de intrusísmo profesional, o que resulta máis grave ao estar amparado por unha Dirección de Enfermaría. A atención sanitaria que desenvolve unha enfermeira nun servizo de urxencias, triaxe e valoración inicial para priorizar a gravidade dos nenos que diagnostican os pediatras, a observación e evolución dos cativos en observación, a aplicación de tratamentos, toma de mostras, etc…todas estas e máis actuacións competen as enfermeiras, non ao persoal auxiliar, non podendo na maioría dos casos nin delegar a atención; sendo unha   sola enfermeira é incapaz de atender a todas as demandas do Servizo nas tardes e noites, e o que  é máis importante de xeito seguro.

Os pais da provincia e a sociedade en xeral, son coñecedores da alta incidencia de enfermidades respiratorias nestas semanas nos cativos, e recorren a este servizo por enriba de todo en tardes e noites, isto engadido a falta de resolución da AP pola falta de Pediatras. Nestas datas, chegan a atenderse ata 200 urxencias pediátricas nalgúns momento, coas salas de espera cheas de pais e nenos, e unha sola enfermeira para todo.

Para SATSE resulta “indecente, inseguro, insultante e de absoluta desidia a actitude da Dirección de non reforzar debidamente o Servizo, polo menos cunha enfermeira máis”, advirten.

O Sindicato de Enfermería en Ourense, ante un feito que considera de gravidade extrema, ven de poñer a situación en coñecemento da Inspección Sanitaria, para que, de consideralo preciso, se inicie a correspondente acción correctora, e non se descartan a interposición dunha denuncia ante a Fiscalía pola temeridade e inseguridade que provoca esta falta de reforzo dos  enfermeiros neste Servizo básico e de ámbito Provincial e de posibles actos de intrusísmo profesional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.