Rubén Arroxo anuncia a rexeneración do firme da avenida García Portela e da rotonda da Praza de Avilés

Durante os vindeiros días renovarase a capa de rodadura con asfalto en quente, o que garantirá a durabilidade da actuación

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo a través da concellería de Infraestruturas Urbanas está a traballar na renovación do asfalto da avenida García Portela e da rotonda da praza de Avilés. Arroxo explicou que «esta zona acolle unha gran cantidade de tráfico e contaba cun asfalto moi deteriorado». O Tenente Alcalde anunciou que «unha vez completada esta actuación, a veciñanza que reside e traballa por esta zona poderá desfrutar dunha rúa totalmente renovada».

Os traballos que se están a executar nesta zona consisten na renovación da banda de rodadura aplicando mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación.

«Desde o Goberno de Lugo seguimos traballando para que todas as infraestruturas públicas da cidade estén en bo estado, tanto na zona urbana como nos barrios periurbanos, mellorando a cidade e aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas», afirmou Rubén Arroxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.