Rubén Arroxo inaugura o congreso de alumeado que se celebra hoxe no Vello Cárcere

O programa conta con 4 conferencias e 3 mesas de expertos sobre distintos temas relacionados co alumeado público

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, inaugurou o congreso Centro de Pensamento e Networking, Alumeado Urbano, organizado polo Comité Español de Iluminación en colaboración co Concello de Lugo. O evento, que se celebra ao longo do día no Vello Cárcere, reúne a expertos e expertas en alumeado público chegados a Lugo de todas as zonas do estado, que participarán en 4 conferencias e 3 mesas de expertos nas que se tratarán temas como as tendencias de alumeado, a protección do ceo nocturno ou o alumeado con perspectiva de xénero.

Rubén Arroxo agradeceu ao Comité Español de Iluminación que escollera Lugo como sede para o evento, e afirmou que «desde o Goberno de Lugo realizamos un importante esforzo nos últimos anos para renovar a rede de alumeado público cun gasto enerxético baixo, e aplicando a perspectiva de xénero para garantir a seguridade nos espazos públicos».

Ás 17:15, a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, participará na mesa de expertos sobre alumeado con perspectiva de xénero, onde compartirá espazo Juan Carlos García, arquitecto, Lanzada Calatayud, consultora de turismo e Alfred Sá, deseñador de alumeado.

Ao remate da xornada, entre as 19:00 e as 21:15, a asociación Slow Light organiza un paseo nocturno pola cidade, que co título unha mirada colectiva á paisaxe nocturna achegará ás persoas participantes a imaxe das rúas de Lugo durante a noite.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.