SOS Sanidade Pública A Coruña apoia a concentración do 24 de novembro dos traballadores do Abente en demanda de máis persoal

SOS Sanidade Pública continúa coa recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular de fortalecemento da atención primaria, mañá día 24 de novembro estará pola mañá diante do Hospital Abente y Lago. O motivo de seleccionar este lugar é, ademais da propia recollida en si das sinaturas, participar e apoiar a concentración dos traballadores do Abente en demanda de máis persoal.

Neste caso o Sergas, coas súas restricións, está dificultando o coidado dos pacientes. Os técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e os celadores son esenciais na realización destes coidados (alimentación, aseo, atención persoal) e a situación no Abente é de precariedade, ademais de ter que usar a 3ª cama en moitos casos ao estar pechada a 4ª planta.

Aquí o Sergas non pode usar a súa mensaxe de ‘non hai médicos, a culpa é do goberno español’, como se aquí non levasen gobernando desde o 2009 sen interrupción. Non hai problema de falta de celadores ou técnicos, pode contratar todos os que queira. O problema, ao parecer, é que non queren.

Necesitamos unha atención primaria forte que nos poida atender sen esperas e con garantías e tamén necesitamos, cando toca estar ingresados, unha estancia cálida e humana. Os traballadores intentan que sexa así, queremos que a Xerencia do Sergas tamén faga o seu traballo aumentando a contratación de persoal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.