Vilalba Aberta levará a pleno as demandas da veciñanza da parroquia de Noche

A rexeneración de varios viais; a apertura de tajeas na pista da Bouza; o arranxo do camiño do Outeiro e a comprometida instalación de auga no cemiterio, as solicitudes de actuación máis destacadas

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha comunicación coa Asociación Cultural e Recreativa Nausti, a formación municipalista vén de anunciar o rexistro dunha nova solicitude ao goberno demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal en Noche.

Así, e tal e como explicou o seu voceiro, Modesto Renda, VA defenderá a necesidade de actuar na intersección da pista da Igrexa coa estrada xeral (A Paloma) – Pista Caspepito a Rabilonga – Cruce casa Fermin – Escourido – Carraña a Outeiro -Cruce pista de Escourido.

Ademais, e ao tempo, a formación solicitará tamén que se fagan as tajeas na pista da Bouza para a maquinaria pesada dos gandeiros da SAT, así como o arranxo do camiño de zahorra de Outeiro ás SAT para evitar o deterioro das pistas coa maquinaria.

Outras reivindicacións da veciñanza

“Dende VA recordarémoslle á Alcaldesa a promesa que fixera sobre o financiamento por parte do Concello da instalación da auga no cemiterio parroquial” declarou Renda, logo de explicar que os veciños xa dispoñen dos permisos necesarios do Bispado e Patrimonio (Xunta de Galicia).

“Polo que nós sabemos, non tiveron contestación do Concello e nese senso a iniciativa”, argumentou.

Por último, e de xeito complementario o voceiro de VA comprometeuse tamén cunha serie de melloras na parroquia “máis alá das descritas”, e que “tampouco tiveron contestación”, entre as que destacan a impermeabilización e pintado exterior da  Casa Escola e a mellora no mantemento das tullas do Campo da Igrexa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *