Xoán Bautista dará en Dodro unha charla de prevención de atropelos

Desde a concellería de Servizos Sociais e Benestar de Dodro seguen as xornadas informativas. O concelleiro da área, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG) organiza unha charla demandada desde hai tempo.

Neste caso terá lugar unha sesión sobre a PREVENCIÓN DOS ATROPELOS o próximo xoves 10 de novembro impartida por persoal da Dirección Xeral de Tráfico. Será ás 19:00 H no local do Montiño da Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño que ofrece as súas instalacións de novo para un evento municipal.

O concello de Dodro tiña na Casa do Regadío un local amplo mesmo para actuacións de música, conferencias ou teatro pero desmantelado no anterior goberno do PP polo que agradece sempre as instalacións da Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño.

O tenente de alcalde Xoán Bautista Mariño indica que a mobilidade no concello é alta pola situación xeográfica que sitúa Dodro a unha media hora de Pontevedra, Ribeira ou Compostela por estrada. Tanto habitantes como xente de paso empregan 40 quilómetros de vías públicas da Xunta (AC-305, AC-306, AC-307 e a AG-11) e da Deputación (DP-3301 e DP-3302) a parte das innumerables pistas agrarias, forestais e camiños de comunicación entre as 24 aldeas.

Iniciouse no goberno bipartito BNG – PSOE a creación de beirarrúas na arteria comarcal AC-305 e para seguir tamén coa seguridade para vehículos, bicicletas e sobre todo peóns necesitamos insistir sempre na educación para que todo o mundo, conduza ou non, sexa respectuoso nas vías, coa sinalización e así poder eliminar os atropelos e outros sinistros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.