Xornada sobre accesibilidade ao patrimonio no Museo Provincial de Lugo

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro inaugurou esta tarde as VI Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio, que se celebraron no refectorio do Museo Provincial de Lugo e que contaron coa intervención de persoas de distintos colectivos do ámbito social que expuxeron as barreiras á accesibilidade física, cognitiva ou visual á cultura e ao patrimonio. Así, interviron Aquilino Iglesias, vogal de Accesibilidade en Auxilia Lugo, María Inés Flores Lozano, presidenta de Raiolas, Moisés Lamigueiro Romeo, coordinador da ára social e de familias de Fademga e María Ángeles Fernández de Usera González, técnica de rehabilitación da ONCE.

Maite Ferreiro sinalou na intervención o traballo que a Rede Museística Provincial ven facendo, da man dos colectivos presentes na xornada, para facilitar o acceso ao patrimonio conservado nos museos a todas as persoas, e referiuse á necesidade de traballar de forma continúa desde as adminsistracións pública para seguir avanzando na accesibilidade á cultura e ao patrimonio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.