Xuventudes Socialistas reivindican un “Nadal sen ‘sorpresas’”

Presentaron unha campaña de Nadal para concienciar á mocidade sobre os riscos das ETS e da súa incidencia na mocidade ante un pequeno repunte nos últimos anos
As Xuventudes Socialistas de Galcia (XSG) presentaron na súa sede en Santiago de Compostela unha campaña de Nadal para concienciar á mocidade sobre os riscos das ETS e da súa incidencia na mocidade ante un pequeno repunte nos últimos anos, “como se ven alertando dende áreas sanitarias como as de Ourense dende o remate da Pandemia”.
A campaña consistirá nunha serie de repartos ao longo do mes de decembro polas diferentes cidades e vilas galegas para informar á mocidade sobre as ETS, como evitalas ou como actuar en caso desinfección, así como as vantaxes que presenta o sistema sanitario público en cuestións como a PREP.
Ana Alvite, secretaria de benestar e politicas sociais, lembrou que “o 1 de decembro é o día mundial contra a SIDA, unha enfermidade que afecta a 1 de 10 homes, e mundialmente a máis de 30 millóns de persoas”.
A socialista tamén aseverou “na necesidade de non estigmatizar á poboación que padece algún tipo de ETS, e que a súa exclusión do ámbito educativo, laboral ou social de calquera ámbito é algo noxento, e os e as socialistas sempre estaremos de fronte estas actuacións vergoñentas”.
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, reivindicou “a necesidade dunha educación sexual efectiva nos centros educativos da Xunta, así como o papel de asociación como Quérote Máis, coa fin de garantir a liberdade sexual do país pero con seguridade”.