10 de decembro «Dia Internacional das Montañas». Camiñada a Pena Loba-O Cebreiro-Aguioncha

Quedamos ás 11 da mañá en Covas (Os Blancos). Dende o cume destas montañas ollase boa parte da provincia de Ourense a Raia Seca e máis alá.
Pena Loba-O Cebreiro-Aguioncha nun país normal estaría protexida polos seus valores naturais, xeolóxicos, etnográfico-culturais, históricos…en Galicia Pena Loba é un dos ecosistemas de montaña ameazado por dous parques eólicos…Baixaremos das montañas entre lusco e fusco.
Día 11 de decembro concentración na «Defensa das Montañas» na Praza Maior de Xinzo, rematada a concentración imos ir ao Castelo de Porteliña da Pena viso/miradoiro da chaira limiá, despois iremos xantar ao Mosteiro de Trandeiras.Nas dúas xornadas haberá actividades de interpretación do medio, localización dos viraventos, sorpresas…Acude á camiñada e a concentración na Defensa das Montañas.
Só tes que levar roupa e calzado axeitado e algo de comida.
Grazas pola solidariedade e axuda

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.